Temas: XUNTA OSO GALICIA MEL

Sete produtores reciben 16.500 euros da Xunta para paliar danos do oso pardo

Será para danos en colmeas, enxames, producións de mel e cera, entre outros, así como para gastos veterinarios das reses feridas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2023 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente resolveu conceder axudas por máis de 16.500 euros a un total de sete beneficiarios, titulares de explotacións agronaderas e propietarios de colmeas, para paliar os danos do oso pardo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución destas axudas que cobren os danos ocasionados polo oso pardo ao sector agrogandeiro entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023.

A orde, que estaba dotada inicialmente cunha partida global de 60.000 euros en apoios, recolle pagos compensatorios por danos en colmeas, enxames, producións de mel e cera, entre outros.

Así mesmo, recolle a posibilidade de sufragar os gastos veterinarios das reses que resulten feridas e, de ser necesario no caso de sufrimento grave e irreparable, tamén cobre os gastos de eutanasia acreditados e realizados de forma regulada por un profesional. Igualmente, son subvencionables os abortos que sufran as reses, como consecuencia do acto de depredación e tras a correspondente acreditación veterinaria.

Oso pardo
Oso pardo | Fonte: ANTONIO GUILLEM

Temas: XUNTA OSO GALICIA MEL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta