Xosé Merelles agradece ás axencias de viaxe por facer de Galicia un "destino máis competitivo"

O director de Turismo de Galicia participou no acto de integración da Asociación Provincial de Axencias de Viaxe da Provincia de Pontevedra (AVIPO) na Asociación Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este luns na axencia de viaxes compostelá Tee Travel no acto de integración da Asociación Provincial de Axencias de Viaxe da Provincia de Pontevedra (AVIPO) na Asociación Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI), coa que a entidade autonómica suma agora máis de 100 socios e máis de 120 puntos de venda en toda Galicia.

Alí, agradeceu ás axencias a súa "importante contribución a facer de Galicia un destino máis competitivo", un traballo que, considera, verase reforzado tras a alianza alcanzada esta mañá entre as dúas entidades. "Farase máis forte e representativo o traballo dos profesionais das axencias de viaxe, que é tamén clave no modelo turístico galego", indicou.

Neste sentido, o director de Turismo de Galicia reivindicou a "estreita colaboración" levada a cabo entre a Xunta e as axencias de viaxe nos últimos anos para "contribuír a mellorar e reforzar os servizos turísticos de Galicia".

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, nunha rolda de prensa.
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, nunha rolda de prensa. | Fonte: XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta