Destruída unha vivenda en Tordoia por un incendio mentres estaba baleira e obriga a reacoller unha familia

O lume calcinou todo o piso superior e fixo colapsar o tellado, mentres que a planta baixa quedou afectada pola auga da extinción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2023 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

Un incendio destruíu este xoves unha vivenda unifamiliar no municipio coruñés de Tordoia, mentres que os inquilinos que a habitan estaban fóra. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o operativo iniciouse pasadas as doce do mediodía, cando se recibiu a chamada dun dos habitantes da casa, que non se atopaba no lugar no momento de producirse o incendio.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Ordes, así como de Policía Local e Garda Civil. O lume calcinou todo o piso superior e fixo colapsar o tellado, mentres que a planta baixa quedou afectada pola auga da extinción.

Ante esta situación, os servizos sociais municipais tiveron que buscar unha alternativa habitacional para os ocupantes da vivenda, unha parella e dous nenos. De feito, para que poida recoller as súas pertenzas en condicións de seguridade, serán acompañados polos Bombeiros de Ordes.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta