Podemos Galicia anuncia fichaxes en tempos convulsos

Destaca a incorporación como militante da que foi cabeza de lista de Galicia en Común por Ourense mentres que outros cargos municipais sopesan se apoiar a Sumar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/12/2023 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

A ex-concelleira de Ourense en Común e cabeza de lista de Galicia en Común por Ourense como independente, Ledicia Piñeiros, acaba de anunciar que se deu de alta como militante na formación morada. Unha incorporación que chega en momentos moi difíciles para Podemos Galicia tras fracasar as súas negociacións con Sumar para as eleccións galegas e tras a saída de altos cargos do partido, como a de Gloria Alonso, ata este luns, secretaria de Organización da formación de Belarra en Galicia.

A educadora e actril membro de Podemos Ledicia Piñeiro
A educadora e actril membro de Podemos Ledicia Piñeiro | Fonte: remitida

Ledicia Piñeiro, concelleira de Ourense en Común entre 2015 e 2018 anunciou nas súas redes a sua incorporación a Podemos Galicia coma militante. A actriz e educadora social tamén concorreu como cabeza de lista pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 2019. Piñeiro se presentou como independente na candidatura Galicia en Común, coalición pola que Yolanda Díaz obtivo un escano por Pontevedra na pasada lexislatura. 

 

"Hoxe quero ademais formar parte activamente de Podemos, por varias razón. A primeira, porque acredito no proxecto de partido, sen tutelas das entidades bancarias, no firme compromiso cos servizos públicos, a igualdade de oportunidades, os dereitos das traballadoras e das persoas en situación vulnerable. Pero fundamentalmente, porque acredito nas compañeiras e compañeiros que o forman, que con moita valentía, traballo e loita, levan anos procurando unha forma de facer política para as maiorías socias", aseguraba nas súas redes sociais.

 

A incorporación de Ledicia ao proxecto morado dase nun contexto de debilitamento da formación morada en Galicia, tras a saída de Gloria Alonso e os rumores de novas saídas de militantes e cargos do ámbito municipalista para apoiar a Sumar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta