Gran manifestación en Santiago este domingo para "parar o exterminio" de palestinos en Gaza por parte de Israel

Haberá servizo de autobuses desde as principais cidades galegas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/12/2023 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A Asociación Galico Árabe Jenin, BDS Galiza, Mar de Lumes e Galiza por Palestina convocan á sociedade galega a unha manifestación nacional este domingo 17 de decembro desde a Alameda de Compostela, baixo o lema “Paremos o Xenocidio. Galiza con Palestina”. 

Bombardeos israelís sobre a Franxa de Gaza /Mahmoud Khattab/APA Images via Z / DPA
Bombardeos israelís sobre a Franxa de Gaza /Mahmoud Khattab/APA Images via Z / DPA

"O exemplo de activismo e solidariedade internacionalista na Galiza non ten igual, son xa máis de 160 concentracións nestas nove semanas con convocatorias en máis de 20 localidades galegas cada luns desde o 9 de Outubro", indican os organizadores nun comunicado. Desta vez, trátase dunha manifestación unitaria en Compostela  para esixir ao goberno español e á Unión Europea unha implicación real e decisións firmes para "parar o exterminio do pobo palestino".

"O reconto diario de horrores é tal que non poden deixarnos insensibles as novas de máis escolas bombardeadas, hospitais asediados, civís secuestrados e torturados e xornalistas asasinados. Uns crimes que afirmamos son un xenocidio e non unha guerra e moito menos unha guerra entre iguais", aseguran.

Para esta gran manifestación haberá servizos de autobuses desde A Coruña

Bus con saída ás 10:15 desde o Campo da Leña (Praza de España); Ferrolm desde a Praza de Galicia; Vigo,que sairá ás 9.45  horas na parada bus subida a Nigrán da Ramallosa e parará en Vigo no Local da CIG e en Chapelam na baixada antes da entrada da AP-9; Lugo, diante da estación do Tren; Ourense, no Pavillón dos Remedios e rotonda de Cea; Pontevedra, dende o pavillón ás 10:30 e Cambados, diante do Concello ás 10:30 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta