O 35% dos municipios galegos están inzados de eólicos, máis do triplo que no resto do Estado

Lugo é a provincia do Estado con máis eólicos, prsentes en máis do 50% dos seus municipios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2023 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

O 35% dos municipios galegos contan con eólicos. Supón a maior taxa do Estado, é máis do triplo (25 puntos máis) do 10% da media en España, segundo o Estudo Macroeconómico do Impacto do Sector Eólico en España, elaborado por Deloitte para a Asociación Empresarial Eólica (AEE).

Nestes municipios vive o 21% da poboación galega. "Isto indica que os parques se desenvolven nos municipios de menor tamaño", expón o estudo. No 10% dos municipios do Estado con eólicos vive un 11% da poboación española.

As provincias con maior presencia de parques eólicos son Lugo, cun 51% dos municipios con teñen presenza eólica. Séguelle Las Palmas de Gran Canaria, cun 47%, e A Coruña, cun 46%.

O sector eólico achegou de forma directa 4.012 millóns ao PIB de España o ano pasado --de forma indirecta 1.883 millóns de euros--. Entre eses 4.012 millóns, Galicia achegou 756,6 millóns ao PIB do país, un 19% do total. A potencia eólica concéntrase en cinco comunidades co 79% do total: Castela León, Aragón, Castela-A Mancha, Galicia e Andalucía. Estas cinco supuxeron un 74,8% da contribución ao PIB.

A finais de 2022, Galicia contaba con 183 parques eólicos, un 14,1% do total. Ocupa o terceiro o lugar entre comunidades en potencia instalada, só por detrás de Castela e León (21%) e Aragón (14,4%). Na repartición da xeración eólica, Galicia ocupa o terceiro posto por autonomías, con 9.700 GWh, un 15,9% do total. O sector supón 3.760 empregos na comunidade galega, maior cifra en España. O canon eólico xerou 22,2 millóns de euros en 2022 en Galicia.

Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda,
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta