Torrado (PSdeG) insinúa que no PP "non" teñen "esperas" na sanidade pública

O popular José Manuel Balseiro pediulle rectificar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2023 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

O deputado socialista Julio Torrado manifestou que ao PP non lle preocupan os datos reais dos tempos que hai que agardar na sanidade pública porque "a xente do PP non espera", unha afirmación que o deputado popular José Manuel Balseiro, que non estaba no debate pero que interveu a continuación, tachou de "mentira" a todos os galegos, a cal pediu rectificar.

O debate levado polo parlamentario do PSdeG pretendía aclarar os datos sobre as listas de espera que non forman parte da "estrutural", é dicir, todas aquelas persoas que agardan por unha cita para un especialista e que non forman parte das esperas oficiais porque, directamente, non están rexistradas. "Aproben isto para que o seguinte goberno gañe tempo", apelou Torrado, en referencia a un futuro executivo que sería liderado polo PSdeG.

A deputada popular Encarna Amigo manifestou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "vai seguir pelexando polas listas de espera, para mellorar os datos" e volver aos "prepandemia".  Tamén destacou a recente incorporación de patoloxías na lista de patoloxías con esperas máximas, é dicir, que teñen que ser atendidas en menos de 45 días.

A deputada popular pediu aos socialistas que deixen de "denigrar" aos profesionais galegos, que "demostran o seu bo facer" e "son os mellores" de España, ao que Torrado aseguroulle que unha cousa é criticar a xestión sanitaria no Parlamento, pero que el ante o mesmo Pedro Sánchez defendería tamén aos profesionais galegos como os mellores.

REXEITADA

A iniciativa foi rexeitada, do mesmo xeito que outra defendida pola deputada socialista Noelia Otero na que pedía cumprir coa lei de medios públicos e iniciar o proceso de substitución do director xeral da CRTVG, co mandato caducado.

A proposta dos socialistas contou co apoio do BNG, cuxa portavoz no debate, Alexandra Fernández, ironizou co "novo xénero" televisivo de "aparicións sorpresa" do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e quen suxeriu que a entrevista que recentemente protagonizou na televisión pública tiña as preguntas pactadas previamente, pola reacción que mantivo o mandatario autonómico.

A ela respondeulle a deputada do PP Carmen Pomar, quen criticou esta intervención por facer "unha verdadeira parodia" dos profesionais --dixo--, "totalmente carente de respecto cara ao Goberno galego e cara aos traballadores da CRTVG".

Ademais, botoulle en cara unha sentenza firme na que se fala de "vulneración" dos dereitos dos traballadores. A modo de exemplo sobre a xestión informativo, indicou que a repetición de eleccións en Castro Caldelas (Ourense) foron mesmo portada dos telexornais a semana previa pero "cando se coñece o resultado e o PSdeG gaña a alcaldía, non aparece".

O portavoz de Sanidade, Julio Torrado. PSDEG
O portavoz de Sanidade, Julio Torrado. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta