Publicaranse en xaneiro as axudas destinadas á mocidade de ata 30 anos para sacar o carné de conducir

O prazo para solicitar estas axudas abrirá tras a súa publicación no DOG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2023 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A Xunta publicará o próximo mes de xaneiro unha nova orde de axudas para adquirir o carné de conducir que estará dotada de 800.000 euros, un 14% máis que nas anteriores edicións.

Así o anunciou este xoves a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, durante a visita a unha autoescola en Santiago. As axudas oscilan entre os 400 e 1.300 euros e permitiron, segundo informou a Xunta, apoiar a máis de 5.300 mozos de entre 18 e 30 anos durante o tres últimas edicións.

O prazo para solicitar estas axudas abrirá tras a súa publicación no DOG, o próximo mes de xaneiro, e permanecerá aberto ata o 30 de setembro. Os requisitos para acceder a estas axudas serán estar empadroado en Galicia, ter 30 anos ou menos e non estar a traballar.

Autoescuela arquivo
Autoescuela arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta