Investigan ao condutor dun turismo por circular a 155 km/h nun tramo limitado a 60

No municipio lucense de Monforte de Lemos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2023 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga ao condutor dun turismo que circulaba pola LU-903, no municipio lucense de Monforte de Lemos, a unha velocidade de 155 km/h, cando a velocidade máxima permitida nese lugar é de 60 km/h.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon o pasado 2 de decembro e o turismo foi captado por un cinemómetro da Garda Civil. Tras a investigación puideron identificar o condutor do vehículo que foi informado os dereitos que lle amparan en calidade de investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por condución a velocidade excesiva.

A Garda Civil recomendou precaución e respecto aos limiares de velocidade establecidos xa que a velocidade, excesiva ou inadecuada, é un factor fundamental que determina a maior ou menor incidencia na sinistralidade viaria, así como a gravidade e o grao das lesións das vítimas en caso de sinistro viario.

Axentes da Garda Civil de Lugo. GARDA CIVIL DE LUGO
Axentes da Garda Civil de Lugo. GARDA CIVIL DE LUGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta