O "efecto Pontón" arrasa na esquerda pero non namora á dereita

A candidata do BNG fulmina a todos os partidos da esquerda, pero non é quen de entrar no voto do PP.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2024 | Actualizada ás 23:51

Comparte esta noticia

Cambio de ciclo na política galega. O nacionalismo galego xa non é ningunha forza secundaria e xa non o é desde hai tempo. Superou a súa maioría de idade, tanto que é quen de tratar de ti a ti ao Partido Popular. E todo, grazas ao "fenómeno Pontón" que soubo colleitar o mellor de Beiras e de Quintana para convertirse nunha líder indiscutible dentro do nacionalismo.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

O "fenómeno Pontón" é o que está detrás da suba imparable do BNG desde as eleccións do 2016, algo que se comprobou xa cos 19 escanos que obtivo en 2020, superando ao PSdeG, e que certifica o mellor resultado nunca colleitado polo BNG nuns comicios galegos, 25 deputados e deputadas. Pontón superou o 'test de tensión' do inicio da campaña e conseguiu mobilizar o voto da mocidade e dos desencatandos do PSdeG. Nin Sumar, nin Podemos foron quen de parar o seu efecto. Pero esa Pontón que arrasa na esquerda non é quen de namorar na dereita.

Un cambio de estilismo, unha gran mellora no discurso e nas formas, un cambio da mensaxe do BNG, con menos bandeiras e menos sloganes, e, sobre todo, unha impresionante campaña, especialmente, nas redes sociais, fixeron que a Ana Pontón fora todo o voto útil da esquerda. Un voto útil que, por outra banda, non lle serviu para ser presidenea, como ela insistiu en toda a campaña. Terá que agardar outros catro anos, catro anos, nos que o seu efecto terá que competir  co "efecto Rueda", xa asentado na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Xaneco

Como imaxino que xa logo virá o Gamela a meter a súa patolóxica ponzoña contra Ana, o BNG e a UPG, vaian os meus parabéns e o meu agradecemento a magnífica campaña dun partido que chegou a estar case morto e no que (xa onte) confiaron o seu voto máis de 466.000 galeg@s. Se iso é un fracaso ou alguén pide dimisións é que vive na Galiza polaca... A seguir dando batalla ó españolismo e ó capitalismo madrileñista do pp e o psoe e outras microsectas pabloyolandistas...

1 Rui do

Xa, xa. O problema é que Pontón falaba de cambio histórico, e bla, bla, bla: primeira muller presidenta de Galicia, feminista, nacionalista e sostible. A segunda vez co mesmo rolo. Trasvase de votos. Iso foi todo. A durmir e a seguir vivindo ben.