O Sergas chama a doar sangue por unha baixada xeneralizada das reservas

Especialmente aos doantes do grupo 0 negativo, o doante universal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2023 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á cidadanía para doar sangue, especialmente aos doantes do grupo 0 negativo, o doante universal, para conseguir entre 400 e 500 doazóns diarias.

Segundo comunicou o Sergas, a demanda de compoñentes sanguíneos, por causa do incremento da actividade asistencial en hospitais, e a coincidencia coas vacacións de Nadal provocaron a diminución das reservas de sangue.

ADOS lembra que as unidades móbiles estarán en distintos concellos de Galicia. Este mércores 27 estarán en Ares, A Coruña, Arteixo, Melide, Santiago, Moraña, Vigo, Ponteareas, Lugo, Trasmiras e Cualedro.

As unidades móbiles tamén estarán o xoves en Ortigueira, A Coruña, Malpica, Ames, Mazaricos, Cuntis, Vigo, Gondomar, Sarria e O Barco de Valdeorras; o venres 29 en Fene, Cee, A Coruña, Padrón, Trazo, A Estrada, Tui, Vigo, Vilalba, Allariz; e o sábado nos mesmos, fóra de Cee, Trazo e Vigo. Así mesmo, tamén se pode doar sangue nos locais existentes no sete grandes cidades galegas.

ADOS chama a doar ao permanecer baixas as reservas dos grupos sanguíneos A+ e 0- nos hospitais / XUNTA / Europa Press
ADOS chama a doar ao permanecer baixas as reservas dos grupos sanguíneos A+ e 0- nos hospitais / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta