Queres saber as datas das 22 oposicións abertas na Xunta?

O Consello do Goberno galego deu este xoves 28 de decembro o visto e prace ao calendario de exames.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/12/2023 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou o calendario de exames para 22 procesos selectivos e un total de 1.147 prazas de emprego público na Administración galega. Así se desprende do informe sobre procesos selectivos presentado hoxe na reunión polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos. 

Miles de aspirantes realizan as oposicións en Silleda
Miles de aspirantes realizan as oposicións en Silleda | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Destas prazas, 562 son de acceso libre e a elas poden acceder todas aquelas persoas que cumpran cos requisitos establecidos nas respectivas convocatorias. A estas hai que engadir 585 prazas para a promoción interna do persoal funcionario, uns procesos reservados a empregados públicos que xa son funcionarios e que poden acadar un ascenso ou promoción profesional a postos de traballo de maior responsabilidade. 

"O obxectivo é ofrecer a maior información posible para que as persoas aspirantes poidan planificar con antelación a preparación das probas", asegurou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. 

CALENDARIO

Os primeiros exames serán o 30 de xaneiro, para a escala de letrados da Xunta. Os últimos serán en marzo do 2025. Haberá probas en xaneiro, marzo, outubro e novembro e decembro de 2024 e logo xa en xaneiro, febreiro e marzo de 2025.

Este é o calendario:

ACCESO LIBRE 

 

1 A1 Escala de letrados, 30 de xaneiro 

2 A1 Escala superior de estatísticos, 16 de marzo 

3 A1 Escala de sistema e tecnoloxía da información, 16 de marzo 

4 A1 Escala superior de orientación laboral, 17 de novembro 

5 A2 Escala técnica de orientación laboral, 17 de novembro 

6 A2 Escala de inspección turística, 7 Outubro 

7 C1 Escala de técnico de condución, 20 Outubro 

8 AP Especialidade limpeza e cociña, 16 de novembro 

9 AP Especialidade recursos naturais e forestais, 16 de novembro 

10 C1/B Escala técnica de xestión ambiental, Outubro 

11 C1 Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz  Outubro 

12 C2 Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial Decembro 

13 C2 Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos,  Decembro 

14 C1/B Escala técnica de delineantes  Xaneiro de 2025

15 C1 Escala técnica de mantemento de servizos  Xaneiro de 2025

16 C1 Escala técnica de análise de laboratorio Xaneiro de 2025

 Total de prazas convocadas 527 

 

ACCESO LIBRE (DISCAPACIDADE INTELECTUAL) 

 

1 C2 Escala PSX 4 Marzo de 2025 

2 AP Especialidade de limpeza e cociña Febrero de 2025 

 

PROMOCIÓN INTERNA 

1 A1 Corpo superior da Administración xeral  14 Dic 

2 A2 Corpo de xestión da Administración xeral  14 Dic 

3 C1 Corpo administrativo da Administración xeral 14 Dic 

4 C2 Corpo auxiliar administrativo da Administración xeral 14 Dic 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta