A Xunta destina 1,8 millóns para o turismo naútico, de "poder adquisivo alto"

Quere conseguir que os portos volvan ser a porta principal de entrada para a visita turística ao territorio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/12/2023 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración por 1,8 millóns de euros entre Turismo de Galicia e a Asociación de Clubes Náuticos de Galicia (Asnauga) para o impulso do turismo náutico a través da realización de distintas actividades e a revalorización do potencial turístico dos portos de Galicia. 

Porto deportivo de Sanxenxo
Porto deportivo de Sanxenxo | Fonte: Nauta Sanxenxo - Arquivo

En virtude deste convenio, segundo suliñou Alfonso Rueda, revalorizaranse os activos turísticos vinculados ao turismo náutico, con accións de mellora da eficiencia das infraestruturas portuarias galegas, a mellora dos servizos, a rehabilitación de infraestruturas e a dixitalización de recursos para optimizar a experiencia do visitante náutico en Galicia, entre outras accións. 

"Preténdese así unha maior integración e cohesión, se estas infraestruturas teñen os servizos e a calidade necesarios para desenvolver a oferta turística náutica dos destinos costeiros galegos a través da creación de servizos costeiros nas rías, a creación e promoción de proxectos de emprendementos innovadores, o desenvolvemento de actividades e deportes náuticos, entre outras", destacou Rueda. "Trátase de seguir potenciando este turismo interesante dun poder aquisitivo alto", engadiu.

A Xunta, tomando como referencia os casos de éxito en Francia, Alemaña ou Portugal no ámbito do turismo fluvial, quere conseguir que os portos volvan ser a porta principal de entrada para a visita turística ao territorio e aos municipios, co propósito de que se vexa no turismo náutico un potencial para ofrecer mobilidade e servizos de acollida desde o litoral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta