O novo director de Intelixencia Artifical do Concello de Ourense é un dos fundadores de Democracia Ourensana

Juan Carlos Fernández Fasero, segundo explica o organismo municipal mediante un comunicado, "resulta a persoa máis idónea entre as que se presentaron como candidatas" por "cumprir cos requisitos establecidos nas bases do proceso selectivo".

Por E.P. | OURENSE | 04/01/2024 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou nomear director xeral de Innovación Tecnolóxica e Intelixencia Artificial do concello a Juan Carlos Fernández Fasero, un dos fundadores de Democracia Ourensana, o partido que lidera o rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome.

Trátase dun posto de libre designación polo que se fixo convocatoria pública, na cal resultou elixido Fasero porque, segundo explica o organismo municipal mediante un comunicado, "resulta a persoa máis idónea entre as que se presentaron como candidatas"por "cumprir cos requisitos establecidos nas bases do proceso selectivo".

Mediante o comunicado fan unha reseña da súa carreira sinalando que Fasero é licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, que foi director da Axencia Galega de Industrias Culturais entre o verán de 2009 e o outono de 2012, e que desde haceaños traballa na Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), primeiro como director de zona noroeste, despois como director de Comunicación Pública e Rede Territorial e posteriormente como director comercial.

A maiores, aínda que non aparece no comunicado, Fasero foi tesoureiro en Democracia Ourensana e un dos fundadores do partido, como el mesmo recoñece nun artigo publicado na páxina web de Democracia Ourensana que segue colgado a día de hoxe, e onde lembra que no ano 2001 Gonzalo Pérez Jácome xuntou a un grupo de amigos, no que se inclúe, coa intención de montar o partido político ourensán.

"É certo que nesa constitución aparezo como fundador e tesoureiro de Democracia Ourensana. Está documentado e é público", recoñece Fasero nese escrito do 2020, no que tamén recolle que a súa vida social ourensá "reduciuse nos últimos anos" ao traballar na SGAE en Madrid.

Nese mesmo artigo, no que convidaba aos díscolos da formación a dimitir se non se atopaban a gusto, tamén engadía que el xa non ten vinculación política con Democracia Ourensana, pero si vinculación "emocional e de amizade" porque recoñece que Gonzalo Pérez Jácome foi "o meu primeiro amigo na cidade" fai máis de corenta anos.

Así as cousas, Fasero asumirá o cargo de director xeral de Innovación Tecnoloxía e Intelixencia Artificial do concello, un cargo que ocupaba o profesor universitario David Oliveri ata a súa dimisión.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

O novo nomeamento foi criticado polo tres partidos da oposición. Desde o Partido Popular denuncian que "é unha mostra máis da caótica xestión do concello", que recriminan que a día de hoxe presenta "unha contabilidade falseada" ao "non ter uns orzamentos actualizados" e "todas" as concesións caducadas.

Os populares tamén critican "a caótica xestión do persoal" indicando que van dous directores de innovación en tres anos, e que continua a rotación de persoal por parte do alcalde "con movementos de funcionarios dun servizo a outro sen motivación e sen un concurso de traslados, que sería o idóneo".

"É preocupante porque esa inestabilidade e falta de xestión, tanto económica como en materia de persoal, ten como consecuencia maior gasto, atraso nos trámites e, en definitiva, peor servizo para os cidadáns", di a edil Sonia Ogando, que desexa "éxitos" ao nuevodirector.

Tamén desde o Partido Socialista a secretaria xeral en Ourense e portavoz da formación, Natalia González, afeou que se trata dun "exemplo máis de política caciquil de Jácome". Lamenta que converteu o concello "na oficina de colocación de Democracia Ourensana". Ademais considera que, neste caso, "trátase dun malgasto dedinero público para un Centro de Intelixencia Artificial fantasma, co que o alcalde estafou aos ourensáns".

Na mesma liña maniféstanse os nacionalistas. O portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Luís Seara, sentencia que a praza creada de director xeral de Innovación Tecnoloxía e Intelixencia Artificial "é un traxe feito a medida para un amigo de Jácome", o cal "cobrará unha cantidade importantísima de diñeiro público por dirixir algo que solamenteexiste na imaxinación do alcalde".

O alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensana (DO), Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensana (DO), Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta