Interceptado un barco con 500 quilos de cocaína en augas de Canarias

Polo menos, un dos detidos é galego.

Por Europa Press / Redacción | LAS PALMAS DE GRAN CANARIA | 06/01/2024 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

Catro persoas foron detidas tras ser interceptado un barco que navegaba en augas de Canarias cuns 500 quilos de cocaína, informan fontes da Policía Nacional a Europa Press.

A operación é froito dunha acción conxunta da Axencia Tributaria, Policía Nacional e Garda Civil e tras ser localizado o barco na tarde do venres, na mañá deste sábado desembarcou na Base Naval de Las Palmas de Gran Canaria, onde se realizou a pesada dos estupefacientes.

Aínda que polo momento non transcenderon máis detalles da investigación nin a orixe dos detidos, medios galegos como Faro de Vigo ou Diario de Pontevedra avanzan que un deles é pontevedrés, mentres o resto da tripulación comporíana dous marroquís e un colombiano.

Cocaína atopada nun barco
Cocaína atopada nun barco | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta