O 43% dos galegos ten menos diñeiro que hai un ano

"O comezo do ano preséntase como un desafío economico", destaca un estudo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2024 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O 43% dos galegos ten menos diñeiro que hai un ano tras pagar os seus gastos esenciais, segundo o Informe Europeo de Pagos de Consumidores de Intrum. Esta porcentaxe ascende ao 50 por cento a nivel nacional.

Trátase, explica, "dunha cifra similar á media europea (49%), que se sitúa na metade da táboa nunha listaxe liderada por Hungría (75%), Polonia (64%) e Reino Unido (62%)". De cara aos próximos meses, o 60% dos enquisados na rexión afirma que vai diminuír o seu gasto en vacacións, mentres que o 43% terá que reducir a cantidade de diñeiro que aforra.

Ademais, apunta que "o comezo do ano preséntase como un desafío económico para os galegos, cunha costa de xaneiro que podería ser máis complicada do habitual".

"Os gastos destinados á compra de agasallos, ceas do Nadal e reunións sociais derivados das festividades nun contexto inflacionario, xunto a uns tipos de interese á alza e as habituais subidas de prezos e tarifas de principios de ano, estarían a provocar que os cidadáns afronten o 2024 con menos recursos económicos que noutras ocasións", engade.

Rebaixas
Rebaixas | Fonte: Álex Zea - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta