Por E.P. | A CORUÑA | 09/01/2024 | Actualizada ás 17:12
O Sindicato de Enfermaría Satse dirixiuse ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para pedirlle que propoña ao Ministerio de Sanidade que se aborde, na próxima reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), a reclasificación profesional das enfermeiras nun único Grupo A.
Tras os recentes pronunciamentos realizados por responsables das consellerías de Sanidade de varias comunidades autónomas sobre a oportunidade ou non de revisar a clasificación profesional das enfermeiras no emprego público, Satse trasládalles que é urxente que traten este asunto co Ministerio de Sanidade.
Nun comunicado, afirma ser consciente de que "o marco regulatorio máis directo para resolver este problema profesional, que pasa pola modificación do artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), non é autonómico", pero lamenta o"escaso apoio demostrado por conselleiros e conselleiras de Sanidade". Segundo afirma, "esta situación é unha máis das desconsideracións que historicamente veñen sufrindo as e os profesionais de enfermaría e fisioterapia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.