'Mini' non repite no BNG que presenta case a mesma lista para o 18F que hai catro anos

Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Luís Bará (BNG) cabezas de lista xunto a Pontón e Queixas pola Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2024 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A primeira liña do Grupo Parlamentario do BNG actual repetirá á cabeza das candidaturas polas catro provincias. Así, Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Luís Bará (Pontevedra) completan os números un. A candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, encabeza a lista da Coruña co tándem con Mercedes Queixas, segundo confirmaron a Europa Press fontes nacionalistas.

En xeral, repite a práctica totalidade do grupo parlamentario, con algunhas excepcións por diverso tipo. Por exemplo sae das listas, a petición persoal, Xosé Luís 'Mini' Rivas, que despediu o último pleno do ano e da lexislatura (nese momento sen certeza de que o era) cunha 'panxoliña' tradicional.

As mesmas fontes subliñaron que todos os nomes foron ratificados polas súas respectivas asembleas. A Executiva Nacional do BNG, que se reunión nas últimas horas, foi a encargada de elaborar e ordenar os nomes para a formalización das candidaturas, que deberán ser ratificadas este sábado no Consello Nacional do BNG.

"Valorouse dunha maneira absolutamente primordial é a enorme experiencia que teñen os deputados e o traballo extraordinario nestes últimos anos nas súas respectivas áreas", explicaron estas fontes, que subliñan que, con esa mochila, é coa que consideran que é un grupo "preparado" e listo para formar parte do goberno da Xunta.

Foto de familia do Grupo Parlamentario do BNG coa portavoz nacional, Ana Pontón, á cabeza
Foto de familia do Grupo Parlamentario do BNG coa portavoz nacional, Ana Pontón, á cabeza | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta