Atrapada con necesidade de atención médica unha condutora tras envorcar o seu coche en Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/01/2024 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser evacuada tras saírse da vía e envorcar co vehículo no que circulaba pola estrada PO-12, en Pontevedra. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 14.00 horas. Un particular que se atopaba no lugar alertaba á central de emerxencias deste sinistro, ocorrido en Salcedo. Explicaba que un coche acababa de envorcar e que había unha persoa no interior. Aínda que permaneceu consciente en todo momento, a muller precisaba asistencia sanitaria.

Con esta información, o 112 solicitou a mobilización de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Pontevedra, da Garda Civil de Tráfico, dos voluntarios de Protección Civil de Pontevedra e dos servizos de mantemento da estrada. Xa no lugar, os bombeiros confirmaron a necesidade de empregar material de excarceración para liberar á ferida, que foi trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital Montecelo de Pontevedra.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta