Dous feridos leves, entre eles un bebé, nunha colisión por alcance entre dous coches en Vilagarcía

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/01/2024 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Dúas persoas, entre elas un bebé, resultaron feridas nunha colisión por alcance entre dous vehículos rexistrada no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Segundo trasladou na mañá deste domingo o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse no quilómetro 1 da PO-529 á altura da rotonda de Sobrán. Tanto o adulto como o bebé resultaron feridos de carácter leve, pero foron evacuados por Urxencias Sanitarias 061 ao hospital do Salnés en ambulancia.

Hospital do Sergas no Salnés
Hospital do Sergas no Salnés | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta