Nace a Cátedra Internacional RSC Santander Galicia-Norte Portugal

Estarán presentes as tres universidades galegas. O seu obxectivo é o desenvolvemento de actividades docentes, investigadoras, formativas e de documentación no ámbito do Responsabilidade Social Corporativa.

Por Galicia Confidencial | Braga | 31/07/2015 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Universidade do Minho acolleu este xoves o acto de creación da Cátedra Internacional RSC Santander Galicia-Norte Portugal, unha iniciativa conxunta do Banco Santander, a través de Santander Universidades, e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (fCEER), formada polas universidades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) e as tres do Norte de Portugal (Minho, Porto e Trás-os-Montes e Alto Douro). 

Presentación da Cátedra Internacional RSC Santander Galicia-Norte Portugal
Presentación da Cátedra Internacional RSC Santander Galicia-Norte Portugal

O seu obxectivo é o desenvolvemento de actividades docentes, investigadoras, formativas e de documentación no ámbito da Responsabilidade Social Corporativa (RSC), segundo informa a USC. 

Esta cátedra, que ten coma eixos principais a empresa, a internacionalización e a rendibilidade da RSC, impulsará o intercambio académico internacional que facilitará a profesores e investigadores de prestixio internacional impartir cursos, conferencias e o desenvolvemento de investigacións conxuntas. Establecerase un marco de cooperación académica, científica e investigadora que se configurará como un proxecto aberto a institucións educativas e culturais interesadas na RSC, no seu estudo e desenvolvemento.

Entre as súas liñas de actuación destaca ademais a implementación de estudos de posgrao conxuntos, o fomento de estudos de terceiro ciclo, publicacións e a organización dun foro internacional anual, entre outras iniciativas.

No acto participaron o reitor da Universidade do Minho, Antonio M. Cunha, en calidade de presidente de fCEER; o conselleiro de Banco Santander Totta con Santander Universidades, Luís Bento dos Santos; o director do fCEER, o profesor da USC Rubén Lois; e o director de Santander Universidades España, Pedro Alonso; así como reitores e representantes do resto de universidades que conforman a Fundación, directivos do banco e autoridades da Xunta de Galicia e da Administración pública portuguesa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

RSC da que carece, sen dúbida, o Banco Santander no mundo !!! Esta é a punta de lanza de como as Fundacións Privadas toman ao asalto ás Universidades Públicas (en crise no momento actual!) e se as deixamos VENDERÁN FUME a precios moi competitivos (para eles!)