A Deputación de Pontevedra perfila o programa de concertos de música en galego para a provincia

"Este ano o programa será unha ponte entre o tecido musical e cultural da provincia, a Deputación e o público para que a música pontevedresa vaia a máis", explicou Luís López.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2024 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, xunto coa vicepresidenta Marta Fernández-Tapias, mantivo este martes un encontro con representantes do tecido musical da provincia para comezar a perfilar o contido do programa de difusión de música en galego en toda a provincia.

Segundo trasladou a institución provincial nunha nota de prensa, esta reunión de traballo serviu tamén para escoitar as demandas e propostas dos membros do colectivo para mellorar un programa ao que o goberno provincial "dará un forte impulso este ano". "Este ano o programa será unha ponte entre o tecido musical e cultural da provincia, a Deputación e o público para que a música pontevedresa vaia a máis", explicou Luís López.

Así mesmo, o presidente da Deputación trasladou aos músicos o "compromiso" do seu goberno coa "defensa e promoción da cultura", unha área "estratéxica" que conta cunha partida de 4,7 millóns de euros no orzamento deste ano do organismo provincial.

"A cultura, o apoio aos creadores e á industria cultural da provincia, así como organizar eventos culturais nos concellos é unha área estratéxica dentro da acción de goberno da Deputación de Pontevedra. Por este motivo, organizamos este encontro de traballo que é un primeiro paso para planificar o ano musical na provincia. Imos escoitar as vosas propostas e as vosas inquietudes para adaptalas ao novo programa de apoio á música e aos músicos da provincia", sostivo o presidente provincial.

O obxectivo deste programa, detallou a Deputación, é pór a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia un catálogo de grupos e solistas musicais profesionais que realizan os seus espectáculos en lingua galega.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, mantén un encontro con representantes do tecido musical da provincia.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, mantén un encontro con representantes do tecido musical da provincia.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta