Temperaturas baixo cero na maior parte de Galicia, especialmente en zonas de Ourense e de Lugo

Os termómetros marcaron rexistros negativos mesmo en zonas de costa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2024 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Madrugada con temperaturas baixo en cero e xeadas na maior parte de Galicia, onde os termómetros marcaron rexistros negativos mesmo en zonas de costa. Segundo os valores rexistrados polas estacións que Meteogalicia ten por todo o territorio, os municipios ourensáns de Calvos de Randín, A Mezquita e A Veiga marcaron a temperatura mínima, con 5,4 graos negativos á primeira hora deste sábado.

Ademais, localidades lucense como Sarria, Cospeito, Guitiriz ou Baleira tamén roldaron o cinco graos baixo cero durante a madrugada deste 20 de xaneiro.

Para este sábado, Meteogalicia xa anticipaba xeadas en moitas comarcas do interior e tamén en zonas moi próximas ao litoral. Durante o día espérase que predomine a influencia anticiclónica, coas altas presións centradas ao nordés da Península collendo a Galicia ao límite do seu radio de acción.

Así, prevese un día de tempo seco, con ceos pouco anubrados en xeral, con intervalos de nubes altas. Co avance da tarde, irán aumentando as nubes desde o noroeste debido á aproximación a Galicia dunha fronte pouca activo. Pola noite, os ceos quedarán cubertos. En canto ao vento, soprará de compoñente sur, frouxo en terra con intervalos moderados no mar, sendo forte ao final do día entre Rías Baixas e Costa da Morte.

Un campo do municipio de Becerreá xeado, en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Un campo do municipio de Becerreá xeado, en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta