Un home acode á Policía Local de Pontevedra por danos no seu coche e acaba denunciado

Foi de madrugada e presentaba síntomas de ter bebido alcol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2024 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

Un condutor acudiu a dependencias da Policía Local de Pontevedra para informar de que, "non sabía moi ben como", pero o seu vehículo sufrira danos noutra localidade. Con todo, acabou denunciado por negarse a facer unha proba de alcoholemia.

Ás 2,00 horas da madrugada do pasado venres, 19 de xaneiro, este home foi ata as dependencias policiais. Alí, un axente viu que o condutor "se tambaleaba e resultáballe moi difícil manter o equilibrio", explica a Policía Local nun comunicado.

Así, dous axentes achegáronse a atender a este individuo, "que desprendía un forte cheiro a alcol", e advertíronlle que debía sacar o coche da vía pública, pois o deixou aparcado na metade da rúa Alexandre Bóveda, aínda que antes debía someterse á proba de alcoholemia.

"Nese momento, o condutor cambia a súa actitude negándose a facer a proba e tratando de amedrentar aos axentes, que lle advirten das consecuencias penais da súa negativa. A actitude do condutor foi férrea, chegando a increpar aos axentes e negándose en todo momento na facer a proba de alcoholemia, polo que se remitiron dilixencias ao xulgado en calidade de investigado pola negativa de someterse á proba", sinala o relato policial. Finalmente, o coche foi retirado polo guindastre e a rúa Alexandre Bóveda aberta ao tráfico.

Policía Local de Pontevedra.
Policía Local de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta