A Xunta "limpa" as listas do paro e retira dela a case 3.000 desempregados que "non o eran"

"O que tentamos é facer que o sistema público de emprego sexa o máis eficaz posible na busca dun traballo", destaca Rueda.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/01/2024 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

Pouco máis de medio ano levoulle ao Goberno galego facer unha limpeza de parte das listas de demandantes de emprego en Galicia. Foi a través do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego, posto en marcha en xuño de 2023, e que, tras a actualización dos expedientes, deixou a 4.000 persoas fóra da lista do paro ben ao atopar un traballo ou porque realmente "non o eran".

Parados acuden á oficina de emprego a actualizar a súa tarxeta do paro
Parados acuden á oficina de emprego a actualizar a súa tarxeta do paro | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Ao longo destes pouco máis de seis meses foron 17.560 persoas as que participaron no programa, o 12 % do total de persoas rexistradas como demandantes de emprego nas oficinas galegas. Nos primeiros seis meses de vixencia, 1.233 persoas resultaron contratadas; “un 40 % puideron actualizar o seu currículo e o 15 % iniciaron itinerarios para a mellora da súa empregabilidade. O resto non reunía as condicións para estar nesas listas”, segundo apuntou Rueda.

Pero este documento, analizado no Consello da Xunta, destaca que case 3.000 persoas deixaron de ser demandantes de emprego, un 69% do total, sen atopar un novo traballo. A Xunta destaca que tras a súa inspección,  o 35% dos casos as baixas realizáronse de xeito voluntario e noutro 21% as persoas non estaban dispoñibles para o emprego ("por incapacidade temporal, obrigas familiares..."). O 13% restante eran persoas que non están en busca activa dun traballo, pero si accedían a actividades de formación ou orientación, entre outros.

Este programa pretendía detectar  catro perfís de usuario do Servizo Galego de Emprego:  persoas que rexeitan unha oferta ou abandonan sen xustificación un servizo de orientación, formación ou mixta ou as que levan máis de 5 anos inscritas nas oficinas de xeito ininterrompido e non realizaran ningún curso ou cita de orientación nos dous últimos anos. Tamén os desempregados que non confirman a súa dispoñibilidade para un mínimo de tres ofertas laborais nun ano e os usuarios que non se presentan a citas de orientación laboral e carecen de itinerario de emprego activo, un dos mecanismos de orientación que brinda o servizo de emprego autonómico.

"FACER SEGUIMENTOS PERSONALIZADOS"

Rueda xustificou que esta iniciativa naceu “para axudar e analizar a situación de falta de emprego entre os colectivos con máis dificultades” para atopar un posto de traballo. “Trátase de facer un seguimento personalizado das persoas que se detectou de xeito obxectivo que tiñan máis dificultades para atopar un emprego ben polas súas condicións ou ben pola súa permanencia, máis de 5 anos, nas listas de emprego”, salientou. A Xunta insiste en que, grazas a este programa, actualízanse as demandas de emprego para reflectir a situación actual dos traballadores e se reforza a información e atención personalizada aos usuarios.

"O que tentamos é facer que o sistema público de emprego sexa o máis eficaz posible na busca dun traballo", destacou o presidente galego. Por iso a Xunta "adaptouno" ás novas necesidades do mercado laboral  e buscar dar saída ás vacantes de traballo que existen na actualidade en diversos sectores económicos. 

Rueda salientou que un total de 17.560 persoas participaron no programa, o 12 % do

total de persoas rexistradas como demandantes de emprego nas oficinas galegas. Nos

primeiros seis meses de vixencia, 1.233 persoas resultaron contratadas; “un 40 %

puideron actualizar o seu currículo e o 15 % iniciaron itinerarios para a mellora da súa

empregabilidade”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta