Dous atropelados nas últimas horas, un no Pindo e outro en Camariñas

Segundo confirman fontes da Garda Civil.

Por Galicia Confidencial | | 25/01/2024 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

A Garda Civil confirmou dous atropelos á ultima hora desta xornada de xoves, case en simultáneo. Un tivo lugar no Pindo (Carnota) e o outro no centro de Camariñas.

Imaxe do atropelo de Camariñas
Imaxe do atropelo de Camariñas | Fonte: Cedida

O atropelo de O Pindo tivo lugar xunto a igrexa nun paso de peóns. Desprazáronse unidades de protección civil e da propia Garda Civil e produciuse unha retención de vehículos na zona. No que sucedeu no centro de Camariñas interviron a Policía Local e unha ambulancia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta