O pasado ano creáronse 41 novas prazas de atención a migrantes en Galicia a raíz do incremento de chegadas a Canarias

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2024 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O Goberno central creou 41 novas prazas de atención a migrantes en Galicia a raíz do incremento da chegada de persoas a través da ruta canaria. Así o trasladou en resposta a unha pregunta feita polo Grupo Parlamentario do Partido Popular no Congreso dirixida ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Nela, o Executivo central sinala que a partir de setembro de 2023 rexistrouse unha activación da ruta canaria "sen precedentes" que experimentou un aumento "expoñencial" na chegada de persoas en outubro con 15.149. Ante esta situación, o ministerio apuntou que se adoptaron "diferentes medidas" para "aumentar a capacidade do sistema" e o número de recursos da rede de aloxamentos. No caso de Galicia, foron creadas 41 prazas, acompañada de "unha maior rapidez nos traslados realizados aos recursos situados en península".

Varios migrantes procedentes de Canarias cunha voluntaria de Accem, na Casa de Cultura de Dorrón, a 17 de novembro de 2023, en Sanxenxo
Varios migrantes procedentes de Canarias cunha voluntaria de Accem, na Casa de Cultura de Dorrón, a 17 de novembro de 2023, en Sanxenxo | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta