Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2024 | Actualizada ás 18:23
Tras iniciar a súa colocación nos centros educativos, arrincou a dotación de puntos laranxas contra o acoso escolar nos 'Espazos Xove' de Galicia. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaron este mércores o 'Espazo Xove' da localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa, onde habilitaron un destes puntos que tamén chegarán ás residencias xuvenís e de estudantes.
Alí, coincidiron en fomentar a tolerancia cero ante calquera conduta contraria á convivencia e en reclamar a implicación do conxunto da sociedade na loita contra o acoso. Segundo informou o Executivo galego, teñen previsto colocar 1.242 puntos laranxas contra o acoso escolar en todos os colexios e institutos galegos sostidos con fondos públicos, nos 'Espazos Xove' e nas residencias xuvenís e de estudantes.
Isto puntos laranxas, que teñen unha imaxe común e uniforme para que sexan perfectamente identificados e accesibles, funcionan a modo de caixa de correo mediante a cal os mozos poden comunicar ou denunciar, de forma anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.