O prezo do aluguer en Galicia dispárase un 9,4% en xaneiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2024 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

O prezo do aluguer en Galicia subiu un 9,4% en xaneiro, en comparación co mesmo mes de 2023, ata situarse nunha media de 8,3 euros por metro cadrado, segundo datos do portal inmobiliario idealista.

O aluguer rexistrou en Galicia un incremento do 2% en comparación con decembro e dun 5,3% no último trimestre. A pesar diso, sitúase aínda lonxe do máximo histórico, alcanzado en maio de 2007, cando chegou aos 9,6 euros por metro cadrado.

Por provincias, na Coruña o prezo do aluguer subiu un 8,4% no último ano, ata 8 euros o metro cadrado, coa cidade da Coruña cun custo de 9,5 euros, un 6,8% máis. En Lugo, o prezo subiu un 10,4% nos últimos 12 meses, ata 6,4 euros, e un 10,9% na capital, con 6,9 euros. Na provincia de Ourense, o custo é de 6,8 euros en xaneiro, un 9,5% máis, coa cidade a 7,1 euros o metro, un 8,1% máis.

No caso de Pontevedra provincia, o custo medio é de 9,4 euros o metro, un 10,6% máis que hai un ano. Na capital, este custo baixa a 8,1 euros, un 7,6% máis que en xaneiro de 2023.

Vivenda en aluguer.
Vivenda en aluguer. | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta