Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2024 | Actualizada ás 11:31
O prezo da vivenda usada en Galicia subiu un 3,1% en xaneiro respecto ao mesmo mes de 2023, ata situarse nos 1.380 euros o metro cadrado, segundo datos do portal inmobiliario idealista.
Desta maneira, o incremento en Galicia está moi por baixo que o crecimento rexistrado a nivel estatal, xa que no total de España de media as vivendas de segunda man encarecéronse un 8,2% nos últimos 12 meses, ata 2.049 euros o metro cadrado.
En comparación con decembro, o custo de comprar unha casa en Galicia creceu un 0,4%, así como un 1,1% no último trimestre. A pesar de todo, continúa lonxe do máximo alcanzado en novembro de 2011, cando o metro cadrado chegou aos 1.775 euros.
Por provincias, na Coruña o prezo do metro cadrado subiu un 6% no último ano, ata 1.356 euros, coa cidade da Coruña cun custo medio de 2.363 euros, un 3,6% máis. En Lugo este dato é de 1.014 euros, un 3% máis, e en Lugo capital de 1.263 euros, un 3,5% máis. Ourense foi a única rexión galega onde caeu o prezo de comprar unha vivenda de segunda man un 1,5%, ata 1.141 euros, con Ourense cidade a 1.476 euros, un 2,1% máis. Pola súa banda, na provincia de Pontevedra o custo é de 1.620 euros o metro cadrado, un 1,6% máis, e na urbe é de 1.890 euros, un 4,4% máis.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.