Piden 9 anos para un sexagenario que lle ensinou a verga a tres menores e abusou dunha delas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2024 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro xoves, día 8, o xuízo contra un sexagenario acusado de abusar sexualmente dunha menor, tentalo con outra e exhibir o pene a estas dúas e unha terceira amiga na rúa, feitos ocorridos en abril de 2021.

Os feitos tiveron lugar na zona de Arousa, onde o procesado abordou a tres menores --de 13 e 14 anos-- que camiñaban pola rúa. A unha delas, á que agarrou polo brazo e coa que forcexeou, agrediuna sexualmente, tentándoo despois cunha das súas amigas, que evitou o ataque. A terceira moza foi a que alertou á Policía.

No transcurso dos forcexeos, o presunto agresor chegou a ensinarlles o pene á vez que profería sobre as mozas ameazas de índole sexual. A Fiscalía, no seu escrito de acusación, considera os feitos constitutivos dun delito de abuso sexual a menor de 13 anos en grao de tentativa, un delito de abuso sexual a menor de 16 anos, un delito de lesións e tres delitos de exhibicionismo. Por todos eles, pide para o home unha pena de prisión de nove anos, así como prohibición de achegarse durante 10 anos á moza á que agrediu, para a que pide algo máis de 12.000 euros de indemnización.

Axente da Policía Nacional. Arquivo.. POLICÍA NACIONAL
Axente da Policía Nacional. Arquivo.. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta