Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/05/2025 | Actualizada ás 18:53
A sección segunda da Audiencia de Ourense absolveu a un acusado de agredir sexualmente á filla da súa entón parella, cando era menor de idade, porque aprecia "déficits relevantes de coherencia interna e de persistencia" no relato da suposta vítima. Os feitos en cuestión remóntanse ao período de tempo desde o ano 2018 ata finais de xuño de 2023, cando a menor e a súa nai vivían no domicilio do acusado.
Tal e como expuxo a sentenza, a Sala explicou que "non quedou acreditado" que o sospeitoso realizase actos de natureza sexual coa menor. Ademais, ampliou, os maxistrados coinciden en que o exame e a análise en detalle dos medios de proba practicados "arroxan dúbidas racionais sobre a súa virtualidade incriminatoria", o que lles impide formarse "unha convicción fundada sobre o feitos obxecto de acusación". A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.