Sumar denuncia ante a JEG á deputada Ana Vázquez por repartir papeletas do PP coa chaqueta da Xunta

Por E.P. | OURENSE | 04/02/2024 | Actualizada ás 21:21

Comparte esta noticia

Sumar Galicia denunciou ao PP de Ourense ante a Xunta Electoral polo "uso indebido" da imaxe corporativa da Xunta na repartición de propaganda e papeletas que fixo a deputada de Bande, Ana Belén Vázquez Blanco, nunha 'porta a porta' o pasado venres, primeiro día da campaña do 18 de febreiro.

Na denuncia, Sumar recolle a publicación realizada pola propia deputada na súa rede social X na que se ve á política popular repartindo propaganda electoral do PP e sobres de papeletas "pechados" vestindo unha cazadora co logotipo da Xunta de Galicia.

"Sumar entende que o uso da imaxe corporativa nestes actos de campaña supón unha vulneración do principio de neutralidade, transparencia e igualdade", sinala nun comunicado a formación laborista, quen considera que o partido de Alfonso Rueda fixo, deste xeito, unha "apropiación ilexítima da imaxe do goberno".

Á marxe diso, Sumar sostén que repartir propaganda desta maneira "supón un intento de confundir aos votantes", que "poden chegar a pensar que as papeletas e o resto de material propagandístico chega de forma oficial desde o propio o propio Goberno galego".

Ademais, sinala que publicar imaxes nunha rede social como X busca "ter un alcance maior do acto de campaña". Neste sentido, Sumar Galicia apunta que, no momento de interpor a denuncia ante a xunta electoral, a publicación da deputada alcanzaba as 317.000 visualizacións, polo que pide a eliminación deste post.

secretaria de Interior do Partido Popular, Ana Belén Vázquez Blanco, intervén durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados
secretaria de Interior do Partido Popular, Ana Belén Vázquez Blanco, intervén durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta