Cantas persoas asistiron á manifestanción pola sanidade pública?

Os convocantes apuntaban a entre 30.000 e 40.000, mentres o delegado do Goberno cifra en máis de 20.000 os asistentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2024 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, estimou en máis de 20.000 as persoas que participaron este domingo en Santiago de Compostela na manifestación en defensa da sanidade pública.

"As cifras que se deron por parte dos organizadores e por parte da Policía Local, nós falamos dunha cifra intermedia aproximadamente, unhas cifras superiores ás 20.000 persoas", afirmou en declaracións aos medios este luns na capital galega.

A preguntas dos medios tras visitar as oficinas da Seguridade Social, Pedro Blanco criticou que o Sergas "non está a funcionar" en temas como o diagnóstico ou a atención, o que repercute "como unha especie de dominou" e "colapsa o final da prestación". "Moita xente a día de hoxe está a esperar por un diagnóstico, está a esperar por unha cita, está a esperar por unha intervención, e todo isto, ao final, o que está a facer é nin máis nin menos que arroiando tamén o propio sistema de Seguridade Social", censurou.

Neste sentido, expuxo que se as baixas son "demasiado longas nalgunhas ocasións" non é "imputable nin ao traballador nin á seguridade social", senón "ao feito de que o Sergas, que depende da Xunta, non funciona". "Necesitamos un plan de emerxencia, un plan de rescate, para o Servizo Galego de Saúde", reivindicou o delegado do Goberno.

Centos de persoas durante unha manifestación en defensa da sanidade públic
Centos de persoas durante unha manifestación en defensa da sanidade públic | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta