Villares volve pedir un PERTE "digno" que apoie a modernización da cadea mar-industria

Insiste tamén na necesidade de rebaixar o IVE dos produtos do mar.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/02/2024 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, volveu a reclamar este luns un PERTE "digno" que apoie a modernización da cadea mar-industria de Galicia, aproveitando unha visita ás instalacións da empresa Cabomar, en Marín (Pontevedra).

O conselleiro puxo en valor a aposta desta compañía, que xera uns 250 empregos, polo investimento en melloras tecnolóxicas para automatización e dixitalización da produción, para o que contou cun "importante" apoio da Xunta, incluíndo o respaldo das axudas compensatorias para paliar os efectos da guerra en Ucraína.

Alfonso Villares subliñou de novo que esta industria, polo seu carácter estratéxico, "merece o máximo impulso" por parte do Goberno central e reclamou ao Executivo que siga o exemplo do goberno galego e poña en marcha un PERTE "digno" para a modenización do sector e que este poida seguir crecendo.

Así mesmo, insistiu na necesidade de rebaixar o IVE para impulsar o consumo de produtos do mar, como os que produce esta empresa, a máis grande de produtos conxelados do mar asentado no porto de Marín.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante unha visita ás instalacións de Cabomar, en Marín (Pontevedra), a 5 de febreiro de 2024.. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante unha visita ás instalacións de Cabomar, en Marín (Pontevedra), a 5 de febreiro de 2024.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta