Fin de semana de Entroido de choivas tras a entrada de dúas borrascas

Primeiro será a borrasca 'Karlotta' con frontes asociadas, nebulosidade e precipitacións. Alerta laranxa para esta madrugada na costa da Coruña e Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 07/02/2024 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A borrasca denominada 'Karlotta' aproxímase este xoves á Península, traendo frontes asociadas que farán que aumente a nebulosidade de oeste a leste, quedando cuberta ao final do día e con precipitacións na metade oeste, área cantábrica e Pirineo occidental, que serán menos probables canto máis ao leste.

Así o explicou o portavoz a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), Cayetano Torres, que engadiu que as precipitacións poden ser localmente fortes e persistentes no oeste de Galicia, e no resto do terzo occidental e Pirineo serán moderadas.  As temperaturas máximas tenden a descender no terzo oeste peninsular e manteranse con poucos cambios no resto. 

Os ventos soprarán moderados do suroeste na maior parte do país, con intervalos fortes no cuadrante noroeste peninsular e soprarán moi fortes na costa de Galicia e tamén na metade noroeste e extremo norte peninsular, así como nas serras do sueste.

Espérase que as precipitacións sexan abundantes, mesmo localmente fortes e persistentes en zonas do oeste de Andalucía, Galicia, Sistema Central, Pireneos e o Estreito, e pode haber ocasionalmente algunha treboada en Andalucía e Galicia. Hai tamén posibilidade de neve nas montañas da Península.

Varias persoas cruzan un paso de peóns tratando de refuxiarse da choiva na Coruña
Varias persoas cruzan un paso de peóns tratando de refuxiarse da choiva na Coruña | Fonte: EP

A Dirección Xeral de Emerxencias activou para esta madrugada a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra, por vento en terra con refachos moi fortes en zonas da provincia coruñesa e na Mariña lucense, e por choiva no oeste e suroeste da Coruña.

GALICIA EN ALERTA POR REFACHOS DE VENTOS

Galicia é unha das 14 comunidades que estarán este xoves con avisos por refachos de ventos de máis de 100 quilómetros por hora (km/h), ondada e choiva, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). A Coruña terá avisos importantes por precipitacións, vento e ondada, que en Lugo será aviso por vento importante e aviso por ondas, mentres que en Ourense activaranse os avisos por precipitacións e vento, do mesmo xeito que en Pontevedra, tamén con risco importante por fenómenos costeiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta