O home que morreu tras caer co coche no mar tivo tempo a chamar ao 112 cando o veículo afundía

Tras a a súa chamada activouse un amplo dispositivo que o localizou xa falecido.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/02/2024 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

Un veciño de Noalla de 44 anos de idade faleceu na madrugada deste xoves tras caer ao mar co vehículo que conducía no porto de Portonovo, en Sanxenxo. Segundo informaron fontes municipais e do 112 Galicia, foi a propia vítima a que alertou ao 112 de que caera ao mar co seu coche, que estaba a ouvir entrar auga e que non sabía nadar. Sucedeu ás 4,26 horas da madrugada.

De inmediato foi despregado un amplo operativo formado por Policía Local, Gardacostas, GES de Sanxenxo, Garda Civil, Protección Civil, Bombeiros de Ribadumia e do Salnés e Salvamento Marítimo para tratar de dar co home. O persoal de seguridade do porto informou de que o vehículo caera entre a lonxa e o embarcadoiro.

Con todo, a escasa visibilidade e as malas condicións do mar impediron dar coa vítima ata as 6.00 horas da madrugada, cando a Policía Local solicitou ao 112 a presenza de persoal sanitario do 061 para certificar o falecemento do home, cuxo cadáver fora localizado flotando entre as embarcacións do porto.

Segundo os medios intervenientes, todo parece indicar que o condutor conseguiu saír do interior do vehículo polos seus propios medios, pero o vento e as correntes existentes nese momento desprazárono desde o lugar do sinistro ata a zona na que foi localizado. Á primeira hora da mañá deste xoves traballábase na recuperación do cadáver e as forzas da orde tratan de esclarecer as causas do suceso. Os servizos de emerxencias continúan buscando o vehículo.

Efectivos no operativo no que faleceu un home ao caer co seu coche ao mar
Efectivos no operativo no que faleceu un home ao caer co seu coche ao mar | Fonte: CONCELLO DE SANXENXO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta