Unións Agrarias denuncia axudas "míseras" da Xunta para paliar as perdas pola toupeira

Por E.P. | LUGO | 13/02/2024 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) denuncia axudas "míseras" da Consellería de Medio Rural para paliar as perdas causadas pola toupeira, principalmente na montaña de Lugo.

Nun comunicado, critica que as axudas "non chegan a un terzo das comprometidas" na orde publicada hai un mes. Apunta que se comprometía a cantidade de 300 euros por hectárea afectada, pero "a realidade" é que nos pagos "apenas se alcanzan os 93 euros por hectárea".

Así, UU.AA. di "non entender este cambio de postura cando o volume de concellos afectados segue aumentando e, por tanto, o número de explotacións que ven como se perde a produción de prados".

A continuación, solicita que se reforce o orzamento de axudas para alcanzar as cantidades comprometidas e que se faga unha previsión orzamentaria para futuros exercicios, xa que "o problema causado pola touperia segue sen resolverse" nos municipios lucenses das Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.

Toupeira / FLICKER/JOHNTRAINOR - EP
Toupeira / FLICKER/JOHNTRAINOR - EP

MEDIO RURAL


A Consellería de Medio Rural sostén que as denuncias de Unións Agrarias (UU.AA.) contra axudas "míseras" deste departamento para paliar as perdas causadas pola rata topo "teñen máis que ver coa campaña electoral que cunha verdadeira preocupación pola defensa dos intereses dos gandeiros, cos que o Goberno galego está plenamente implicado".

Nun comunicado, UU.AA. criticou que as axudas "non chegan a un terzo das comprometidas" na orde publicada hai un mes. Apunta que se comprometía a cantidade de 300 euros por hectárea afectada, pero "a realidade" é que nos pagos "apenas se alcanzan os 93 euros por hectárea".

Segundo traslada Medio Rural a Europa Press, estas axudas, por importe de 600.000 euros, "compleméntanse con outras iniciativas postas en marcha pola Xunta para facer fronte a esta problemática".

O Goberno galego sostén que se repartiron "miles de trampas" aos gandeiros e "un equipo posto en marcha pola Consellería de Medio Rural traballa cun pisón para actuar no terreo, así como aplicando cebos para o control destes roedores". Ademais, explica que se presta asesoramento técnico aos afectados e colabórase coa Universidade de Santiago (USC) nunha investigación centrada na loita biolóxica contra a rata topo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta