Por Pablo Chao | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2024 | Actualizada ás 19:55
Os candidatos de PPdeG, PSdeG, Vox e Sumar ás eleccións do próximo 18 de febreiro contarán no esprint final e no peche de campaña co respaldo dos seus líderes estatais, aínda que o xefe de filas do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pechará a campaña con actos galegos en 13 dos seus 15 días.
Tamén o presidente do Goberno e líder do PSOE, Pedro Sánchez, recalou varias veces en Galicia nas últimas semanas. Volverá de novo este xoves, cando protagonizará un mitin na Coruña co candidato, José Ramón Gómez Besteiro, e a alcaldesa, Inés Rey. O xoves coprotagonizará co aspirante socialista o acto de peche en Santiago.
A capital galega é o lugar elixido para pechar polas principais forzas de esquerdas que concorren aos comicios (farano os socialistas, pero tamén o Bloque e Sumar). E se o BNG, con Ana Pontón á fronte, estará no Multiusos do Sar, no Hotel Palacio da Carmen terá lugar o acto de peche de Sumar.
A candidata de Sumar, Marta Lois, estará arroupada o venres na capital galega pola líder do espazo, Yolanda Díaz, quen está xa na comunidade tamén na próxima xornada; pero tamén por Ada Colau, Ramón Sarmiento e Ernest Urtasun.
Mentres, A Coruña é o lugar elixido para os seus actos centrais de peche de campaña por Vox e PPdeG. Rueda estará acompañado con Feijóo, que xa non abandonará a comunidade (en total estará 13 dos 15 días) e tamén Santiago Abascal estará tanto este xoves como no peche en Galicia para apoiar ao seu candidato, Álvaro Díaz-Mella.
Ademais, no caso dos populares, tanto o xoves como o venres estará na comunidade a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso. O andaluz Juanma Moreno e o presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, tamén recalaron na Comunidade para apoiar a compañeiro de filas.
Filamente, a candidata de Podemos en Galicia, Isabel Faraldo, tamén contará este xoves na Coruña coa compañía da secretaria xeral da formación, Ione Belarra. Mais tamén o cofundador de Podemos, Pablo Iglesias, arroupou á candidata de Podemos á Xunta nun acto "sorpresa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.