18F.- Xornada de reflexión: Besteiro acude a ver o Celta-Barça con Abel Caballero

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/02/2024 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, aproveitou esta xornada de reflexión para tomar un café con membros dos socialistas pontevedreses en Marín e acudiu ao Estadio de Balaídos para presenciar o partido entre o RC Celta e o FC Barcelona. Alí, antes de entrar ao estadio, o candidato socialista, acompañado polo alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, sacouse fotos con algúns simpatizantes. Pola mañá, Besteiro acudiu en Marín á homenaxe ás vítimas da 'Villa de Pitanxo', naufragado hai dous anos en augas de Terranova, en Canadá.

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, nas inmediacións do Estadio de Balaídos xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, nas inmediacións do Estadio de Balaídos xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta