18F.- Pontón, primeira en votar, fai un chamamento á "participación masiva": "Galicia pode facer historia"

"Votei con moita ilusión, con moita esperanza e sei que hoxe hai miles de galegos que comparten comigo esa ilusión e esperanza e que irán votar para construír a Galicia que queren e soñan", apuntou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2024 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, fixo un chamamento á "participación masiva" e anima aos galegos a que acudan votar con "ilusión e esperanza" nun día, no que Galicia "pode facer historia". Así o declarou ante os medios nesta mañá electoral tras acudir a votar ao CGAC e foi a candidata máis madrugadora que exerceu o seu dereito ao voto.

"Votei con moita ilusión, con moita esperanza e sei que hoxe hai miles de galegos que comparten comigo esa ilusión e esperanza e que irán votar para construír a Galicia que queren e soñan", apuntou. Neste día, engadiu Pontón, Galicia "pode facer historia" e iso depende do que decida a cidadanía co seu voto, polo que animou a que haxa unha "participación masiva" xa que a comunidade "xógase" o presente e o futuro.

"XOGÁMONOS ABRIR UN TEMPO NOVO"

A preguntas dos medios sobre se haberá un cambio no goberno autonómico, Pontón remarcou que iso o deciden os galegos nesta xornada electoral e mostrouse convida de que Galicia "se xoga abrir un tempo novo". "Se todas as persoas que queren abrir ese tempo novo votan, pois teño a certeza de que iso será así", enxalzou, á vez que sinalou que está "tranquila, contenta e ilusionada". Finalmente, Pontón explicou que esta xornada a pasaráa coa súa familia e xa a última hora da tarde irá cos seus compañeiros de formación para facer seguimento da xornada.

A candidata nacionalista, Ana Pontón, a primeira en votar este domingo, 18 de febreiro de 2024
A candidata nacionalista, Ana Pontón, a primeira en votar este domingo, 18 de febreiro de 2024 | Fonte: X

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta