A Xunta pide "máis contundencia" ao Goberno para a "defensa dos intereses" do sector en Europa

González insiste na moratoria das normas europeas que "asfixian" a produtores con "trabas" burocráticas e ambientais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2024 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, pediu ao Goberno de España "máis contundencia" para a "defensa dos intereses" dos gandeiros e agricultores na Unión Europea. En declaracións aos medios desde Santa Comba, onde asistiu ao XXXII Concurso Autonómico de Raza Frisoa 'Fefriga 2024', González reiterou os seus postulados xa trasladados a través dunha carta esta semana ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, de face ao Consello de Ministros do ramo que se celebrará este luns en Bruxelas.

O responsable de Medio Rural da Xunta --en funcións-- insistiu en que España debe adoptar "unha postura forte" e "activa" nun contexto de protestas do sector primario estendidas por Europa e que tamén chegaron a Galicia.

Segundo José González, os africultores e gandeiros están a denunciar "un hartazgo que hai por unha lexislación europea que impón trabas burocráticas" e unhas "esixencias ambientais" que "pon en perigo a viabilidade económica das explotacións".

Así, o conselleiro do Medio Rural en funcións, con "máxima lealdade institucional", reclama ao ministro que, ante as próximas "modificacións importantes" que haberá na lexislación europea do sector, España pida "unha moratoria inmediata e temporal" desta normativa que "está a asfixiar" aos produtores. Neste contexto, a Xunta aposta por "reconsiderar" medidas como o caderno dixital e o veterinario de explotación, entre outras, que agora deben quedar "en suspenso" e nun futuro ser "flexibilizadas" para que se incorporen paulatinamente.

O Goberno galego tamén urxe ao do Estado a modificar "de inmediato" a lei de cadea alimentaria para facer efectiva a prohibición da venda a perdas.

FEIRA DA RAZA FRISOA

José González asistiu este sábado á feira Fefriga 2024 de Santa Comba, á que destacou como "referencia" tal e como avala as súas máis de 30 edicións. Non en balde, o conselleiro en funcións reivindicou o apoio da Administración autonómica a estes eventos sectoriais, que este ano contan de novo cunha liña de axudas específicas dotada nun principio con 200.000 euros e cuxo prazo de solicitude está aberto ata o 31 de outubro.

Desde este evento en Santa Comba, González subliñou que o Goberno autonómico seguirá apostando pola gandaría, un sector "absolutamente fundamental" polo emprego que xera. Ademais, celebrou a situación xeral de "estabilidade" que vive agora o sector lácteo cun incremento sostido dos prezos medios, a produción e a facturación.

O conselleiro de Medio Rural de Galicia, José González Vázquez, ofrece unha rolda de prensa tras a reunión cos conselleiros de Pesca das comunidades autónomas, na sede do Ministerio. O obje. Carlos Luján - Europa Press - Arquivo
O conselleiro de Medio Rural de Galicia, José González Vázquez, ofrece unha rolda de prensa tras a reunión cos conselleiros de Pesca das comunidades autónomas, na sede do Ministerio. O obje. Carlos Luján - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta