O vento deixa refachos de máis de 143 km/h en Ourense e Galicia continúa en alerta

Na xornada do domingo continuará o aviso laranxa por temporal costeiro e en amarela por choiva e vento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2024 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

O temporal deixou este sábado refachos de vento de máis de 143 quilómetros por hora no municipio ourensán de Manzaneda e Galicia continuará na xornada do domingo en alerta laranxa por temporal costeiro e en amarela por choiva e vento.

Desta forma, o litoral estará en alerta laranxa por mar de fondo do noroeste con ondas que poderán alcanzar de cinco a seis metros de altura. Ademais, haberá aviso amarelo por vento no mar de compoñente oeste, forza sete, con intervalos de forza oito, especialmente, no litoral norte.

O interior de Pontevedra, o noroeste da Coruña, a montaña de Ourense e a de Lugo estarán en alerta amarela por refachos de vento superiores aos 80 kilométros por hora. Así, este domingo unha nova fronte afectará a Galicia e deixará ceos con abundantes nubes e choivas, intermitentes ao principio, pero que serán persistentes e xeneralizadas durante as primeiras horas da tarde.

A cota de neve baixará e situarase durante a noite sobre os 900-1.000 metros. En canto ás temperaturas, sufrirán un ascenso entre lixeiro e moderado e o vento soprará do suroeste fortes, cambiando a noroeste forte co paso da fronte.

NEVE NA MONTAÑA DE LUGO E OURENSE

Segundo Meteogalicia, ese sábado os termómetros alcanzaron os -4,8 graos no municipio ourensán da Veiga e, pola contra, os valores máis altos, 14,2 graos, rexistráronse en Bueu. A neve foi a principal protagonista desta xornada tanto na montaña lucense como en Ourense, pero as precipitacións tamén caeron con intensidade e, na Veiga, chegaron aos 21 litros por metro cadrado do total acumulado.

Por mor da neve, este sábado ,a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recomendou circular con precaución pola A-6 ao seu paso polas Nogais e Pedrafita do Cebreiro e na LU-633, desde o quilómetro 0 de Pedrafita ata o 26 de Ramil, en ambos os sentidos.

Tamén na montaña lucense a Garda Civil tivo que axudar a sacar varios coches en Pedrafita que se quedaron atrapados e en Ourense tiveron que auxiliar a unha familia que quedou atrapada a dous quilómetros da estación de Manzaneda.

Ondas durante a fronte meteorolóxica. M. Dylan - Europa Press
Ondas durante a fronte meteorolóxica. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta