O BNG e Anova dispostos a dar pasos adiante por unha lista común

O Bloque acepta ir en listas con forzas do Estado e co obxectivo de acadar grupo parlamentario propio. Beiras alerta do fracaso dun momento histórico. Tamén Cerna apoia unha lista conxunta "en réxime de autoconvocatoria".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/09/2015 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O BNG e Anova queren que haxa unha lista de unidade popular para as vindeiras xerais. Por iso, ambas forzas traballarán para chegar a un consenso ao longo deste mes. Así o exprsou este sábado, tanto o Consello Nacional do BNG, como o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras.

Manifestación do BNG no Día da Patria de 2014
Manifestación do BNG no Día da Patria de 2014

Beiras expresou o o seu compromiso de continuar co diálogo con outras forzas políticas para articular un "suxeito político galego", pero advertiu da frustración que xeraría na cidadanía un fracaso do proceso de converxencia.

"O máis importante é articular un suxeito político galego e para iso hai que ter responsabilidade porque estamos nunha conxuntura histórica na que calquera que non contribúa a iso será responsable de provocar frustración na cidadanía, en toda a xente que loita, os labregos, na xente do ensino, a xente da sanidade, os cidadáns", dixo.

Beiras atribuíu dita responsabilidade a "quen non estea disposto a saltar as fronteiras e marcos das súas leiras e articularse", xa sexan as mareas, Podemos ou o BNG, enumerou.

En declaracións aos xornalistas tras a reunión da coordinadora nacional de Anova, Beiras anunciou que o seu grupo participará na reunión do próximo 12 de setembro con outras forzas políticas sobre unha proposta de candidatura de unidade galega e continuar co diálogo "para contribuír na medida en que podamos a articular con distintos actores e pezas a conformación dun suxeito político galego".

Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras
Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras

Un obxectivo que non fixa só de cara ás próximas eleccións xerais, senón que constata que xa se está dando na sociedade civil mediante un "proceso de ruptura", como ocorre, dixo, coas protestas do sector lácteo ou polo hospital de Vigo.

Anova mantivo esta semana contactos coa Marea Atlántica, Compostela Aberta, BNG, Podemos, Compromiso por Galicia ou Esquerda Unida para realizar un balance de situación.

BNG

Tamén o BNG deu un paso cara adiante. O Consello Nacional do BNG, primeiro no novo curso político, aprobou a unha proposta da Executiva nacionalista para ir nunha gran lista de unidade popular que, inclúa, outras forzas políticas estatais, como pode ser o caso de Esquerda Unida ou Podemos.

O seu obxectivo é “promover un amplo proceso social coa finalidade de articular unha candidatura nacional galega de unidade”. Por iso, aposta por apoiar “todos os procesos de confluencia que promoven diferentes plataformas e iniciativas”.

A formación nacionalista considera que na terceira semana de setembro debe estar “clarificado o panorama” para saber cales son as alternativas, as plataformas e as forzas políticas que conflúen nesa grande candidatura galega para o Congreso. “Ten que ser unha candidatura para derrotar os proxectos neoliberais e centralizadores que representa a dereita española”, sintetizou.

Desde o BNG imos contribuír a que sexa o máis ampla e o máis profunda posible esa integración e esa confluencia de diferentes iniciativas, plataformas e forzas políticas”, explicou o portavoz nacional, Xavier Vence, tras subliñar o traballo feito polo Bloque nesa dirección ao longo das últimas semanas, con contactos con forzas políticas e plataformas cidadáns.

Vence fixo referencia á importancia da data do 12 de setembro como punto de encontro en réxime de autoconvocatoria das diferentes plataformas, das forzas políticas e do conxunto da cidadanía que queira participar para debater sobre a proposta de candidatura galega de unidade para o Congreso.

Amais de “animar” á confluencia da unidade electoral en clave de país, o BNG iniciará unha campaña de “socialización” da súa aposta pola candidatura galega de unidade que promove desde fai meses, -mesmo renunciando as súas siglas-, que se debaterá en asembleas abertas por todas as comarcas coa participación da militancia e de todas as persoas sen adscrición partidaria que queiran sumarse ao debate.

Esta iniciativa se complementa cunha campaña informativa sobre as vantaxes para o país de ter unha “representación potente en Madrid”, -como a que daría un grupo parlamentario propio-, “en base á experiencia do traballo do BNG no Congreso nos últimos vinte anos”, indica Vence, “e explicar os grandes retos que ten o noso país na súa relación co Estado”.

“Trátase de clarificar e compartir coa cidadanía porqué é crucial que o país teña unha gran representación para defender os nosos intereses, un modelo social e económico que nos permita saír da crise, defender os nosos sectores produtivos para xerar emprego e frear a sangría migratoria como consecuencia das políticas nefastas que aplica o PP”, argumenta o dirixente nacionalista.

Por iso, o Bloque desenvolverá unha campaña política “de difusión e de concienciación da necesidade de ter unha alternativa potente e unitaria galega para ter unha gran representación en Madrid e ese será un dos eixos da actividade do BNG de aquí á campaña das elección xerais”, insistíu.

Cerna

Pola súa banda, a Coordinadora Nacional de Cerna tamén aposta por unha lista conxunta. Nunha xuntanza realizada este sábado, aposta pola "materialización dun encontro en réxime de autoconvocatoria" para a unificación dos distintos espazos de intervención cidadá e, logrado este obxectivo, amplialo a todos os axentes interpelados neste proceso de confluencia, para “construír unha alternativa de unidade popular para unha única candidatura galega”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

8 Autónomo

non nos defraudedes. é de sentido común todas e todos xuntos dende Podemos ao BNG

7 Ermitas

Non creo que o Papa Negro de Canido estea dacordo, a non ser que a UPG encabece as listas pola Coruña e Pontevedra

1 untu de osu

Xa somos dous eu tampouco paso por menos. E sen o BNG non vai haber representación para ninguén. Ou pensas que unha marea ou como se lle chame vai sacar algo. E ollo... O bng probablemente tampouco per iso é o que hai

6 Burela

Comenza a esperanza. Nón nos defraudedes

5 nostrus

Pues yo creo que lo único que puede salir de esa relacion son unas venéreas políticas, un poco más de hedor, de intolerancia y alergia a la libertad de lengua disfrazada de juramento por la salud del idioma gallego, de fundamentalismo cultural, de rezos y anhelos a un pasado inexistente debidamente tuneado. En fin, efectos colaterales de una democracia española en la que cabemos todos, pero que no cabria en una Galicia diseñada por ellos. Nacionalismos no, gracias.

1 Leike

Vese que che proe! E o do fedor arredor túa e a alerxia é un síntoma definitivo! Todo indica que es ti quen ten o mal. Coidado cos efectos colaterais!

2 nostrus

Leike, é certo que me proe, todos os feixismos me proen e me dan noxo e os nacionalismos so son feixismos embrionarios que parecen inocuos mentras non medran. Nas nosas mans esta que sexan sempre embrionarios por moito que latexen.

3 Aedes Fidelis

É que o Nacionalfascismo deste Nostrus (posibel palanganeiro do Ministerio do Interior: pero a soldo eh....non vaiades a pensar que é visio) é o que vale....os demais non pasan a proba do cotón........como din os mercenarios do balón, que tanto admmirades: yo me deshago por los colores del club que me paga los millones.....

4 Leike

Agradézoche o ton mesurado da resposta, Nostrus, mais quédame a dúbida de se é unha simple táctica. pois o que escribiches antes é ben virulento. Cambiaches de lingua, e dobremente que agora utilizas o galego. En calquera caso, un consello:revisa a Historia Universal e verás que existen nacións oprimidas e nacións opresoras, é unha falacia condenar as primeiras e esquivar a responsabilidade das segundas. Un autor que che pode esclarecer no tema é Juan Carlos Moreno Cabrera, un lingüista madrileño que é un dos máis lúcidos críticos do nacionalismo español

4 Nuna

Parabens!! Unidade xa para derrotar a mafia freijoliana pepeira.