Pleno subido de ton en Pontevedra con reproches cruzados entre socialistas e populares con alusións ao 'caso Koldo'

A pesares de todo, a gran maioría dos asuntos da orde do día foron aprobados por unanimidade.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/02/2024 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O Teatro Principal de Pontevedra acolleu este luns unha sesión do Pleno municipal na que os grupos do Partido Popular e do Partido Socialista protagonizaron un duro enfrontamento a pesar de que a gran maioría dos asuntos da orde do día foron aprobados por unanimidade. Antes do inicio do pleno municipal, a corporación asistiu á lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller, elaborado polo Consello da Muller Nova e que correu a cargo de Martiña Alexandra Riobó Touriño, alumna e presidenta do Equipo de Igualdade do IES Valle Inclán.

A corporación municipal tamén gardou un minuto de silencio como xesto de solidariedade e pesar coas persoas falecidas e afectadas polo incendio que se rexistraba o xoves 22 na avenida do Mestre Rodrigo, no barrio de Campanar da cidade de Valencia. Os grupos da oposición defenderon no Pleno varias mocións nas que instaban o goberno local do BNG que poña en marcha actuacións de mellora nos barrios da Seca e Ponte Muíños, con todo, dedicáronse a presentar emendas ás súas respectivas mocións.

As intervencións de populares e socialistas foron subindo o ton ata que o portavoz do PSdeG, Iván Puentes, chegou a chamar "histérica" á concelleira do PP Pepa Pardo, que reprochou esa alusión "machista" e demandou ao socialista que presentase as súas desculpas, algo que non se produciu pois Puentes matizou que só quería dicir que a vía "nerviosa".

Pola súa banda, o portavoz do PP, Rafa Domínguez preguntou aos concelleiros do PSOE "que tal está o seu amigo Koldo?", en alusión ao asesor do exministro José Luís Ábalos. "Hai unhas fotos moi interesantes dalgúns de vostedes paseando por Pontevedra con el con máscaras", engadiu Domínguez en dirección ao PSdeG. Esta alusión foi cualificada por Iván Puentes como unha "desvergoña" e unha mostra de "falta de ética política" por parte de Domínguez, quen rebateu ao socialista afeándolle o seu apoio ao rexedor, Miguel Anxo Fernández Lores, cando "non o pode ver diante".

Iván Puentes e Yoya Blanco presentan as propostas financiadas con fondos europeos Next Generation
Iván Puentes e Yoya Blanco presentan as propostas financiadas con fondos europeos Next Generation | Fonte: Concello de Pontevedra - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta