Galicia busca abrir novos mercados na feira pesqueira de Bremen, en Alemaña, na que están presentes 27 países

O evento é o único dedicado ao peixe e o marisco de Alemaña e alberga 320 expositores de 27 países diferentes coa asistencia de 10.000 visitantes de máis de medio cento de nacionalidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2024 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

A Xunta apoia a presenza de empresas do sector na feira Fish International Bremen, en Alemaña, de cara á apertura de novos mercados. Así o manifestou o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, que se desprazou ao país xermano. O evento é o único dedicado ao peixe e o marisco de Alemaña e alberga 320 expositores de 27 países diferentes coa asistencia de 10.000 visitantes de máis de medio cento de nacionalidades.

Así mesmo, Basanta tamén subliñou a representación galega na feira internacional Gulfood de Dubai, celebrada recentemente. Galicia conta cun espazo propio no recinto alemán no que están presentes as seguintes empresas: Copesma Conxelados, Cassua, Pereira Produtos do Mar, Conxelados Noriberíca, Stolt Sexa Farm, Global Runner e Ailla Pasteurizados.

Galicia busca abrir novos mercados na feira pesqueira de Bremen (Alemaña)
Galicia busca abrir novos mercados na feira pesqueira de Bremen (Alemaña) | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta