Temas: IGREXA BOIRO ROUBO

Rouban as cadeas de ouro e unha medalla de tres imaxes na igrexa parroquial de Cures en Boiro

Foi unha muller da zona a que alertou do sucedido cando acudía ao panteón e viu que a porta da igrexa estaba forzada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2024 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A igrexa parroquial de Cures en Boiro foi o escenario da subtracción dun seis cadeas de ouro e unha medalla que portaban tres virxes: a Virxe das Dores, a Virxe da Carmen e Santa Rita.

"Romperon a porta, revolveron todo e levaron as cadeas de ouro e unha chave inglesa", lamentou en declaracións a Europa Press o párroco, Marcelino Barros, que o domingo pola mañá oficiou misa de 10 pero ata este mércores non tivo coñecemento do roubo.

Foi unha muller da zona a que alertou do sucedido cando acudía ao panteón e viu que a porta estaba rebentada.

O párroco xa puxo unha denuncia ante a Garda Civil, que acudiu ao lugar dos feitos para sacar fotografías e facer unha inspección do escenario e mantén unha investigación aberta, segundo confirmaron a Europa Press fontes coñecedoras.

CARPINTEIRO PARA ARRANXAR A PORTA

Pola súa banda, un carpinteiro acudiu á igrexa para arranxar a porta e poder volver selar o templo, tal e como confirmou a Europa Press o párroco.

O cura lembrou, tamén, que non é a primeira vez que sofren roubos na súa parroquia, posto que xa levaron unha coroa da Virxe das Neves (do século VIII) --con rubís e zafiros-- da que apareceron "en Madrid algunhas migallas". Daquela, detectouse unha banda criminal que despezaba elementos de valor deste tipo para polos á venda.

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Europa Press - Arquivo

Temas: IGREXA BOIRO ROUBO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta