O prezo do aluguer sobe un 2 % en febreiro en Galicia: dos 6,5 euros por metro cadrado en Lugo aos 9,6 en Pontevedra

O prezo medio do metro cadrado situouse en 8,4 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2024 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

O prezo do aluguer en Galicia subiu un 2 % en febreiro fronte ao mes anterior, segundo un informe do portal inmombiliario idealista, un dato que está por encima da media estatal, que foi do 1,7 por cento. No caso estatal, subiu ata establecerse en 12,6 euros/metros cadrado, o que supón o maior prezo do aluguer en España da serie histórica, segundo o último informe de prezos publicado por idealista.

No último trimestre o prezo subiu un 5,5 % mentres que no último ano prodúcese unha subida do 11,9 %. Ata 32 capitais experimentaron subidas no prezo da vivenda en aluguer durante o último mes. No caso de Galicia, o prezo do metro cadrado situouse en febreiro en 8,4 euros. Na Coruña, o prezo é de 8,2 euros; en Lugo, 6,5 euros; en Ourense, en 6,9 e en Pontevedra, en 9,6 euros o metro cadrado. O prezo de aluguer rexistrou no caso das dúas primeiras unha variación mensual do 1,7 e o 1,4 por cento, respectivamente. En Ourense e Pontevedra foi, á súa vez, do 1 % e o 2,5 por cento.

Vivenda en aluguer
Vivenda en aluguer | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta