Borja San Ramón anuncia que non seguirá á fronte de Podemos Galicia e aposta por Isabel Faraldo

A formación avanza que, en próximas datas, asumirá unha reestruturación da súa Executiva de face "ao novo ciclo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2024 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O coordinador de Podemos Galicia, Borja San Ramón, anunciou este domingo no Consello Cidadán Galego que non se presentará ao próximo congreso da formación e mostrou a súa aposta por Isabel Faraldo, candidata á presidencia da Xunta nos pasados comicios autonómicos do 18 de febreiro. Nunha nota de prensa, Podemos detallou que o actual líder da formación destacou que hai "unha aposta clara por darlle continuidade ao traballo político comezado por esta dirección na campaña electoral e desenvolver un proxecto do que Isabel Faraldo é a principal cara visible".

Nesta liña, puxo en valor o "magnífico papel que fixo Isabel no debate da CRTVG" e a necesidade de "visibilizar a súa figura para poder desenvolver e darlle estabilidade a un proxecto" que "devolva" a Podemos ás institucións galegas. Así, desde a formación morada quixeron recalcar tamén que é o momento de "dar estabilidade e reforzar a organización" de face a "poder abrir un ciclo político que permita que o partido traballe en liña co rumbo tomado".

"Nesta campaña a militancia activouse e sacou con pura forza e convicción nos nosos principios, o que foi capaz de xerar experiencia e despois equipos de traballo na primeira vez que nos presentamos en Galicia como marca Podemos e que permita construír cara ao futuro", afirmou. En próximas datas, Podemos Galicia avanza que asumirá unha reestruturación da súa Executiva de face "ao novo ciclo".

O coordinador nacional de Podemos Galicia, Borja San Ramón.. PODEMOS GALICIA
O coordinador nacional de Podemos Galicia, Borja San Ramón.. PODEMOS GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Sentidiño

Predica, meu frade...

1 Gamela

Lástima ter despilfarrado a ilusión e a forza que xurdiu un 15 de Maio de 2011 (pasaron 13 anos e parece que pasara por riba un bulldozer) Os partidos políticos que daquela estaban a durmir hoxe volven remotar o poder absoluto e cada vez están máis lonxe da Realidade Social e sobre todo Económica da inmensa maioría da poboación... Todo reducido as Campaña Electorais ! Ao día seguinte todo volve á rutina... Paralizados entre a ameaza nuclear e o xenocidio só se nos ocorre facer Primarias e máis Primarias... Estamos mortos e parace que non o queremos recoñecer...

1 Gamela

Para valorar o que perdemos trece anos atrás, para valorar a queles que chamaron "perro-flautas" e "españoleiros" aos centos de miles de homes e mulleres que con forza e creatividade encheron prazas e rúas berrando "Que non nos representan!>/b> https://youtu.be/DMuBzkURC_o Cambiaron o 15M polas súas Primarias do Carallo ! E siguen a tomarnos o pelo a todas tódolos días de dios !!!