Quería gastar 350 euros en billetes falsos en cafeterías de Santiago

O home foi detido pola Policía tras a "eficiente actuación" da camareira dun bar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2024 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Axentes de Policía Nacional en Santiago de Compostela detiveron a un home como autor dun delito de falsificación de moeda e resistencia cando quixo pagar nun local de hostalaría do Ensanche de Santiago de Compostela.

Segundo informa a Policía, os feitos sucederon cando un home tentou pagar un café cun billete de 50 euros nunha cafetaría, momento no que a empregada rapidamente detectou que se trataba dun billete falso, polo que lle fixo saber o que sucedía a esta persoa.

O home recolleu o seu billete coma se tratásese dun erro para a continuación tentar pagar de novo con outro billete falso de 50 euros, sendo novamente detectado, pagando finalmente cunhas moedas e marchando do establecemento.

En casos como estes, sinala a Policía, "é de vital importancia a colaboración cidadá e a rápida comunicación" á Forza e Corpos de Seguridade, como así sucedeu neste feito onde a empregada, ante o temor de que se repetise o episodio vivido no seu establecemento, procedeu a chamar á Policía así como a avisar aos empregados dun bar próximo.

Esta "eficiente colaboración" permitiu que rapidamente acudise unha patrulla de Policía Nacional, a cal localizou ao autor dos feitos nun establecemento próximo. Este home ante a presenza policial actuou de "forma desafiante e pouco colaboradora, dificultando enormemente o labor policial", aínda que finalmente nun cacheo puidéronse localizar ocultos "sete billetes falsos de 50 euros".

A detención foi realizada pola Brigada Local de Seguridade Cidadá de Santiago de Compostela, en colaboración coas diferentes unidades de investigación de Policía Xudicial, sen que se descarte a imputación de máis feitos similares. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda.

Vehículo da Policía Nacional
Vehículo da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta